49
A Policía Nacional detivo un mozo de 23 anos en Parla pola súa presunta integración na organización terrorista DAESH, e pola súa participación en delitos de enaltecemento e ameazas terroristas.
Segundo a investigación, el sería o encargado de elaborar en castelán os vídeos con ameazas xihadistas que difundía a plataforma «Muntasir Media». Outra persoa detida canda el quedou en liberdade.
No rexistro do domicilio, os axentes atoparon documentación e compostos químicos que poderían valer para elaborar explosivos do mesmo tipo que os empregados nos atentados de Barcelona e Cambrils. Tamén se incautaron dunha lista de persoas e infraestruturas marcadas como obxetivos posibles para atacar.