Detido un sospeitoso relacionado co atentado de Bruxelas

A Policía Nacional española publicou as imaxes da detención dun sospeitoso relacionado co atentado islamita no que morreron dous cidadáns suecos en Bruxelas o pasado 16 de outubro. O detido, que se atopaba na localidade de Benahavís, no sur de España, estaba buscado en Bélxica por tráfico de drogas e armas, branqueo de capital e pertenza a grupo criminal.

Non se deron máis detalles sobre a súa relación con Abdesalem Lassoued, o cidadán tunisiano radicalizado que aproveitou a presenza de afeccionados suecos antes de un partido entre Bélxica e Suecia para perpetrar un atentado terrorista en represalia pola queima de coranes neste último país. . O atacante, que escapara dunha prisión tunisiana, foi finalmente abatido pola policía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha