Detido un veciño da Coruña por roubo con violencia

Imaxe de axentes da Garda Civil_Dereitos de autor: Garda Civil

  • O mozo, que golpeara á vítima deixándoa inconsciente, rouboulle diñeiro, xoias e demais efectos persoais

A Garda Civil de Arteixo detivo a un home, veciño da Coruña, como presunto autor dun delito de roubo con violencia e outro de lesións.

Segundo fontes da mencionada unidade, a vítima presentara unha denuncia na que constaba que durante a madrugada do 26 de xaneiro deste ano foi abordada por un un mozo mentres estacionaba o seu vehículo nun garaxe comunitario do edificio no que reside. O presunto autor golpeouna na cabeza deixándoa inconsciente e rouboulle diversas xoias, diñeiro, o terminal de telefonía móbil, as tarxetas bancarias e algúns efectos persoais.

O detido, que foi sorprendido polo marido da vítima cando trataba de fuxir, é un vello coñecido das forzas de seguridade pola acumulación de ilícitos de diversa índole.

Actualmente atópase ao dispor do Xulgado de Instrución Número 1 da Coruña, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso inmediato no Centro Penal de Teixeiro.