18
A Garda Civil do Posto Principal de Carballo detivo a un individuo como presunto autor dun delito de roubo con escalo.
Os feitos producíronse por mor da denuncia dun veciño de Xoane (Carballo), na que se comunicaba un roubo no interior da vivenda do prexudicado, levándose o ladrón unha bicicleta valorada en 7.000€ e dous fusís de pesca submarina.
A Garda Civil investigou os feitos e tras realizar as pescudas pertinentes, procedeu á detención do presunto autor, así como á recuperación dos obxectos roubados, os cales foron entregados ao seu lexítimo dono.
As actuacións foron postas á disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Carballo.