- O detido tamén está sendo investigado como presunto autor de dous delitos de furto de uso con vehículo de motor
A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un home, veciño da Pobra do Caramiñal, como presunto autor de dous delitos de furto con uso de vehículo de motor e tres delitos de roubo con intimidación en grao de tentativa.
Os feitos iniciáronse ás 10 da mañá deste pasado venres, na localidade de Escarabote, cando o detido roubou unha furgoneta aproveitando que o condutor da mesma deixara acendido o vehículo mentres facía a repartición.
Tras chegar á localidade da Pobra Caramiñal, abandonou este vehículo e furtou outra furgoneta de repartición, aínda que esta vez o vehículo atopábase apagado pero coas chaves no interior da guantera. Despois dirixiuse ao lugar de Virxe do Monte onde tratou de roubarlle do interior do vehículo o bolso a unha muller, a cal tras forcexear con el conseguiu que marchase do lugar sen lograr o seu obxectivo.
Posteriormente este individuo dirixiuse á zona do cemiterio da mesma localidade, onde tratou de roubarlle a carteira a un home ameazándoo cun obxecto apoiado no seu costado, aínda que a vítima logrou zafarse del.
Tras o segundo intento errado o detido desprazouse á localidade Ribeira, onde abandonou a furgoneta e subiuse a un taxi, solicitándolle ao condutor que o leva ao lugar de Montañó. Cando chegaron a un lugar sen vivendas, o home agarrou polo pescozo ao taxista e solicitoulle que lle entregase todo o diñeiro que levaba encima. Este negouse e iniciouse un forcexeo tras o que o detido fuxiu cara ao monte.
A Garda Civil puxo en marcha un amplo dispositivo para a localización e detención desta persoa, quen agora se atopa ao dispor do Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira.
Os axentes recuperaron todos os obxectos e vehículos subtraídos por esta persoa durante o seu periplo.