Detido un veciño de Arteixo por posesión de drogas

1 minutes read
  • O home tentou xustificar a súa estancia na vía pública facéndose pasar por un repartidor dunha gran empresa

Un veciño da localidade de Arteixo foi detido pola Garda Civil do mesmo municipio por posesión de drogas. En concreto o home levaba consigo 100 gramos de haxix cando os axentes procederon á detención do vehículo no que viaxaba ao tentar evadir, cunha manobra errática, á Garda Civil na Avenida de Santo Estevo.

Tras darlle o alto, o condutor, sabendo que polo Estado de Alarma non podía estar na vía pública sen xustificación, argumentou que traballaba como repartidor nunha importante empresa que vendía produtos online.

Os axentes procederon ao momento a un rexistro superficial do turismo achando na súa interior droga, a cal foi incautada xunto co vehículo.

O home, que xa fora detido numerosas veces por tráfico de drogas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda da Coruña.