- O home adentrouse no inmoble para roubar botellas de bebidas alcohólicas
A Garda Civil de Boiro detivo a un veciño da localidade, de 53 anos de idade, como presunto autor dun delito de roubo con forza despois de ser localizado no interior dun inmoble mentres durmía.
A investigación iniciouse despois da denuncia interposta polo propietario dun inmoble situado en Abanqueiro, na que afirmaba que varias persoas entraran na súa vivenda despois de forzar a porta de acceso ao interior do domicilio.
Unha vez no lugar a fin de realizar as comprobacións pertinentes, os axentes atopáronse a un home durmindo nunha das camas da vivenda con evidentes signos de embriaguez e cunha botella de whisky ao seu lado.
Debido a que o detido se mostraba desubicado e cos seus reflexos mermados, a Garda Civil trasladouno ás dependencias policiais. Posteriormente, poderon comprobar que o home tentara subtraer cinco botellas de bebidas alcohólicas da vivenda.