Detido un veciño de Carballo como presunto autor dun delito contra a saúde pública

1 minutes read

A Garda Civil do Posto Principal de Carballo, detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Os feitos ocorreron cando unha patrulla da mencionada unidade realizaba un punto de verificación de persoas e vehículos nas proximidades do lugar de O Monte no termo municipal de Carballo.

Os compoñentes da mesma procederon a deter o vehículo para a comprobación da documentación do mesmo e do seu ocupante. Tras deterse o turismo, os gardas civís observaron sobre o asento do copiloto unha caixa metálica, das mesmas características que as usadas habitualmente para portar picadura de tabaco ou substancias estupefacientes, polo que solicitaron ao condutor que a abrise ao obxecto de comprobar o seu contido. Ao abrir a mesma, a forza actuante observou no seu interior unha substancia resinosa de cor marrón, supostamente haxix, polo que lle ordenaron ao único ocupante que se apease do vehículo para proceder ao rexistro do mesmo e ao palpado superficial da súa persoa.

Durante a inspección do turismo, a Garda Civil achou debaixo do asento do copiloto unha bolsa de polipiel marrón, en cuxo interior portaba varios envoltorios plásticos contendo uns unha substancia resinosa de cor marrón, supostamente haxix e outros uns cogollos verdes, supostamente marihuana.

A Benemérita procedeu á detención desta persoa, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, á incautación dos efectos achados así como á aprehensión de 337€ en moeda fraccionada que portaba ao non poder demostrar a súa procedencia. O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.