Detido un veciño de Carballo como presunto autor dun delito de furto en Negreira

A Garda Civil do Posto de Negreira detivo a un veciño de Carballo como presunto autor dun delito de roubo. Os feitos sucederon a raíz da denuncia interposta polo responsable dun establecemento comercial desa localidade comunicando que o pasado día 29 de xaneiro unha persoa descoñecida, aproveitando o descoido do persoal do establecemento, accedeu á caixa rexistradora furtando un sobre que se atopaba á beira da mesma, o cal contiña 1.960 euros procedentes da recadación do establecemento.
A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos feitos e identificar o autor ou autores dos mesmos no seu caso.
Froito do traballo de campo realizado, os compoñentes da mencionada Unidade, lograron tras a análise minuciosa da información solicitada, a identificación plena do presunto autor do ilícito, o cal resultou ser un veciño de Carballo, coñecido das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole.
A Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor dun delito de furto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha