A área de Investigación da Garda Civil do Posto Principal de Carballo detivo a un individuo como presunto autor dun delito de furto.
Os feitos ocorreron por mor dunha denuncia presentada nas dependencias da Garda Civil de Carballo, na que se manifestou que entre os días 18 e 22 de xuño accederan á súa vivenda, sen causar danos nin forzar a fechadura, substraendo do seu interior 1.100 euros en metálico e xoias valoradas en 7.000 euros. A Garda Civil investigou os feitos, realizando as xestións e actuacións pertinentes para a verificación da denuncia e a identificación plena do autor ou autores dos feitos.
Tras as actuacións realizadas, logrouse a identidade do autor, o cal accedera á vivenda cun duplicado da chave, conseguido durante unha das frecuentes visitas que realizaba ao domicilio, dada a súa amizade co propietario e a recuperación de parte dos obxectos subtraídos nun establecemento de compravenda de ouro.
O detido e as dilixencias realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Carballo.