Detido un veciño de Carballo por posesión ilícita de armas

Coche Guardia Civil

  • Os axentes déronlle o alto tras notar unha actitude sospeitosa

A Garda Civil do posto de Carballo detivo a un veciño da localidade como suposto autor dun delito de posesión ilícita de armas. Os feitos déronse cando varios axentes realizaban un servizo preventivo de seguridade cidadá e observaron que esta persoa abandonaba «apresuradamente» o lugar no que minutos antes estacionara o seu vehículo ao divisar a patrulla.

Ante o inusual desta conduta, efectivos da Garda Civil decidiron interceptar ao condutor para identificalo, percatándose de que na cintura portaba unha arma de fogo corto co seu cargador. Tras retirarlla, os axentes comprobaron que esta carecía de numeración identificativa, podendo tratarse dunha arma detonadora modificada.

As autoridades procederon á detención desta persoa como presunta autora dun delito de posesión ilícita, incautando ademais a arma e o cargador. O detido, xunto ás actuacións realizadas e os obxectos requisados, foi posto a disposición do xulgado de instrucción de garda de Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha