Detido un veciño de Carballo por suposta venda de drogas

1 minutes read
  • Os axentes inspeccionaron o vehículo e atoparon varias doses que se presupoñen son cocaína e heroína

A Garda Civil do Posto de Laxe detivo a unha persoa de Carballo como presunta autora dun delito contra a saúde pública.

Os feitos ocorreron cando axentes da mencionada unidade se fixaron nun vehículo que estaba estacionado en Laxe nunha zona non autorizada.

No turismo atopábanse o condutor e outro individuo, quen recibiu do primeiro un pequeno envoltorio. Ao decatarse da presenza dos gardas, o condutor escondeu un obxecto debaixo do seu asento, motivo polo cal os axentes decidiron inspeccionar o vehículo.

Durante a inspección, a Garda Civil incautou 26 paquetes dunha cor marrón que se corresponderían con heroína e 18 paquetes dunha substancia branca, supostamente cocaína. Ademais, tamén atoparon 730 euros en moeda fraccionada.

O detido, xunto cos efectos incautados e as actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.