Os feitos sucederon na noite deste luns. Unha patrulla da Policía Local que realizaba tarefas rutineiras de vixilancia no centro urbano de Carballo coincidiu de forma preferente na rotonda da Milagrosa cun turismo Ford Focus que trataba de acceder á mesma pola rúa Compostela. Ao facelo sen cederlle o paso obrigatorio ao coche patrulla e comprobar os axentes que carecía de ITV trataron de que se detivese con sinais luminosos e poder así identificar o condutor, pero lonxe de colaborar e deterse este deuse á fuga.
Ao ter pouca marxe de escapatoria detivo o turismo nas inmediacións da rúa Martín Herrera (xunto á Igrexa de San Xoán Bautista) e procedeu á fuxida, neste caso a pé. Os axentes procederon a interceptalo e reducilo na a rúa Santa María, próxima ao San Martiño.
Na investigación do motivo da fuga a policía rexistrou ao suxeito localizándolle varias bolsiñas de marihuana, sendo identificado como un vello coñecido das forzas da orde, veciño de Carballo duns 50 anos de idade e sobre o que pesaba unha orde de busca, detención e ingreso en prisión por delitos anteriores. O detido foi derivado aos calabozos da Garda Civil de Carballo e posteriormente ao cárcere.