A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil de Arteixo, detivo a un veciño de Coristanco como presunto autor dun delito de incendio forestal. Os feitos sucederon o pasado día dous de agosto no lugar de Vilaverde-Cereo, ao incendiarse unha zona de monte baixo e arborado, sendo necesaria para a súa extinción a intervención dunha cuadrilla, unha motobomba e un axente xefe de extinción ao atoparse as vivendas a menos de 300 metros de distancia.
Os efectivos da citada Unidade procederon á inspección ocular da zona unha vez extinguido o mesmo, recollendo os vestixios e probas que puidesen conducir á identificación plena do autor dos feitos. No transcurso da investigación, tras o estudo dos vestixios recollidos e a análise da información solicitada, a Garda Civil logrou coñecer a identidade do autor dos feitos, resultando ser un veciño da zona, que tiña problemas de convivencia cos demais. As dilixencias instruídas por estes feitos foron remitidas ao Decanato dos Xulgados de Carballo.