Detido un veciño de Fisterra por roubar 3.000 euros nun negocio de hostalería


A Garda Civil do Posto de Corcubión detivo a un home como presunto autor dun delito de roubo con forza. Os feitos sucederon por mor da denuncia interposta polo propietario dun local de hostalería da localidade de Fisterra, comunicando que na madrugada do día 11 de xullo autor ou autores descoñecidos accederon ao interior do seu local tras fracturar o cristal dunha das xanelas, subtraendo do mesmos 3.000 euros en metálico.

A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de lograr a identificación plena do autor ou autores do ilícito, logrando no transcurso da mesma, como froito do traballo de campo realizado, a identificación do presunto responsable, coñecido das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole. A Garda Civil procedeu á detención desta persoa, como presunto autor dun delito de roubo con forza, poñéndoo, xunto coas actuacións realizadas, ao dispor do Xulgado de Instrución nº 1 de Corcubión.