Detido un veciño de Malpica como presunto autor de varios roubos

Imagen de archivo de la ventana rota de un coche_PIXABAY

  • O home xa fora detido en numerosas ocasións por feitos similares

O Equipo Roca da Compañía da Garda Civil en Carballo detivo a un veciño de Malpica por un presunto delito de roubo continuado no interior de vehículos.

O detido, de forma habitual e continuada, trasladábase desde o seu domicilio cara a zonas de gran afluencia turística, seleccionaba os vehículos onde os seus propietarios deixaran algún obxecto á vista e tras asegurarse de que non estaba a ser vixiado, aproveitaba para fracturar a xanela dunha das portas e substraer do interior o que fose do seu interese.

Os delitos producíronse na contorna da Fervenza Ézaro-Dumbría, Faro de Fisterra, contorna do Santuario Virxe da Barca en Muxía, Cemiterio dos ingleses en Camariñas e praias ao longo do litoral desde Malpica ata Ézaro-Dumbría.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha