A Garda Civil de Culleredo investigou a un veciño do municipio e detivo a outro de Miño como presuntos autores dun delito de estafa realizada a varias compañías aseguradoras. A Benemérita iniciou unha investigación ao ter coñecemento do presunto acto delituoso cometido polos dous homes que mantiñan unha relación persoal e profesional entre eles. Sendo o veciño de Miño propietario dun taller mecánico de coches en Culleredo e xefe do veciño de Culleredo nun negocio de hostalería na Coruña.
Estas persoas declararon ás súas respectivas compañías aseguradoras un accidente por alcance cos seus vehículos na localidade de Miño, sen avisar a ningún corpo policial e asistindo a centros médicos para a súa exploración. Un dos implicados solicitou a baixa médica, situación na que permaneceu durante un ano á vez que seguía traballando, chegando estas persoas a estafar ás aseguradoras máis de 15.000€.
Por tales feitos a Garda Civil procedeu á detención do veciño de Miño e á investigación do de Culleredo pola presunta estafa cometida, agradecendo a excelente colaboración prestada polas compañías aseguradoras. O detido xunto coas dilixencias instruídas foron postas ao dispor do Xulgado de Garda da Coruña.