Detido un veciño de O Ézaro, de 79 anos, por non usar máscara e morder a dous axentes da Garda Civil

1 minutes read
  • O suceso produciuse preto das doce e media da mañá deste pasado mércores

Axentes da Garda Civil do Seprona de Corcubión detiveron este pasado mércores a un veciño de O Ézaro (Dumbría), de 79 anos de idade, por atentado e desobediencia á autoridade.

Os feitos tiveron lugar preto das doce e media da mañá cando o agora detido se atopaba camiñando pola localidade sen a máscara. A Garda Civil tentou darlle o alto para que o señor lles explicase o motivo de que non portase a máscara de protección, pero o investigado negouse a contestarlles e mesmo convidou os axentes en ton xocoso a que o deixasen en paz á vez que lles preguntou «por que non ides dar unha volta e facedes algo?”.

Os integrantes do Seprona, ao solicitar varias veces o DNI ao home e este sinalar que non o levaba encima e que tampouco sabía como se chamaba nin onde vivía, procederon á súa detención aínda que un deles sufriu unha dentada nos dedos e o outro no antebrazo.

Por estes motivos, entre outros, o detido está acusado dun delito de Atentado ao axente da autoridade e un delito de desobediencia e resistencia aos axentes, proferindo durante o traxecto ata as dependencias policiais todo tipo de insultos e comentarios ofensivos cara aos mesmos.

As dilixencias, xunto co detido, pasarán a disposición xudicial do Xulgado de instrución de Garda de Corcubión.