- O home negábase a usar a máscara e indicou aos axentes que non podían facerlle nada xa que fora lexionario
Axentes da Garda Civil da Coruña detiveron en Ponteceso a un veciño da localidade, de 44 anos, por desobediencia e ameazas á autoridade. Os feitos ocorreron o pasado 20 de xaneiro, sobre as 19:15 horas, cando as autoridades se atopana realizando labores de control e vixilancia para o cumprimento das normas sanitarias.
Os axentes observaron ao home falando por teléfono sen máscara na porta dun establecemento e, posteriormente, comprobaron que o individuo se atopaba no interior do local falando coa titular do mesmo e sen protección. Tras indicarlle ao home que colocase a máscara, este negouse e alegou que a Garda Civil non tiña nada que dicirlle xa que el defendera o seu país ao ser lexionario.
Tras serlle requirida a súa documentación persoal para tramitar unha denuncia administrativa, o detido volveu negarse e iniciou unha sarta de insultos e ameazas ás autoridades.
O home foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda xunto coas dilixencias instruídas.