Detido un veciño de Vimianzo relacionado co incendio de Berdoias

1 minutes read

A Patrulla de Protección á Natureza de Corcubión, en colaboración coa Garda Civil da mesma localidade, procedeu á detención e posta en liberdade a espera de xuízo, dun veciño de Vimianzo, de 22 anos de idade, como presunto autor dun delito de incendio forestal en Berdoias no que se calcinaron 25,8 hectáreas de arboledo e matogueira. Os feitos sucederon despois de que o presunto autor dos feitos estivese debrozando e tras unha faísca do rotor das cadeas, comezase a arder a zona afectada. Tras iniciarse o lume, esta persoa abandonou o lugar nun tractor. A Garda Civil foi alertada por un usuario da vía, ao que se lle agradece a súa rápida colaboración, determinante para o esclarecemento dos feitos.