- Durante a Operación Lobeznos, a Garda Civil investigou a varios membros dunha mesma familia
O Equipo Territorial de Policía Xudicial da Garda Civil da Compañía de Noia, detivo a 5 veciños de Noia como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, no marco da Operación Lobeznos. Dita operación comezou por mor da información obtida polos efectivos da mencionada unidade, nas cales se lles comunicaba da existencia dunha familia da localidade dedicada ao tráfico de drogas na zona.
Durante os meses que durou a investigación, a Garda Civil puido identificar dous vehículos así como a localización de catro inmobles que estas persoas utilizaban para a venda, distribución, almacenaxe, secado de marihuana e ocultación dos estupefacientes e dúas plantacións de marihuana, das que se abastecían para a venda desta substancia.
Os axentes lograron unha autorización xudicial para efectuar rexistros nos inmobles localizados, para posteriormente proceder á detención dos sospeitosos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, á incautación dos vehículos utilizados no ilícito e ao rexistro das vivendas mencionadas.
Durante a inspección realizada na mesmas, a Garda Civil localizou e incautou 387,50 gr de haxix, 9,105 quilogramos de cogollos de marihuana, 39,70 gramos de cocaína,15 gramos de metanfetaminas, 250 miligramos de estanozobol, 2.500 miligramos de testosterona, 215 € en efectivo, dúas básculas de precisión e diverso material utilizado para a venda e manipulación da mercadoría (papel de aluminio, recortes de bolsa de plástico, amoníaco, etc.) e diversos efectos utilizados nas plantacións de marihuana (lámpadas, calefactores, etc.) .
Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos intervidos, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución Número 2 de Noia.