- A Garda Civil desactiva así na capital de Bergantiños unha organización criminal dedicada á venda de estupefacientes.
A área de Investigación da Garda Civil de Carballo procedeu á detención de 7 veciños da localidade por un delito de tráfico de drogas, sendo 3 do Lugar de Os Pinos, 2 de Ponte Rosende e 2 da rúa Cemiterio Vello. A investigación policial iniciouse en outubro de 2019 despois de que a Benemérita detectase un aumento de persoas drogodependentes na mesma localidade e que culminou coa entrada e rexistro simultáneo en tres domicilios.
Nas vivendas dos detidos púidose achar 8.802 euros, 380 gramos de heroína, 42 gramos máis de heroína, 6 gramos de metanfetaminas, 435 gramos de substancia de corte, unha pistola do calibre 6,35, unha escopeta 12/70, 194 cartuchos, un machete, unha defensa extensible, varias armas brancas, 3 básculas de precisión e diverso material informático.
Durante a entrada da Garda Civil nos domicilios, nun dos inmobles os presuntos autores dos feitos tentaron tirar substancias estupefacientes polo desaugadoiro do baño, polo que a forza actuante tivo que romper a entrada da fosa séptica para recuperar unhas bolsas de droga. A actuación foi apoiada pola USECIC da Coruña , o GRS7 de Pontevedra debido ao perigo dos detidos pola tenencia de armas e tamén prestou servizo o can do Equipo cinolóxico co seu guia.
Finalmente, foron sete os detidos por tráfico de drogas e pertenza a grupo criminal. Tres deles por tenencia ilícita de armas e depósito de municións ingresaron en prisión por orde xudicial.
