Detidos dous carballeses como presuntos autores dun delito de subtracción de vehículo e outro de extorsión

1 minutes read

A área de Investigación da Garda Civil de Carballo procedeu á detención de dous veciños do municipio, os cales solicitaban 750 euros a un home veciño de Milladoiro ao que lle habían subtraído unha motocicleta, se quería recuperala. Tras recibir a comunicación por parte da Garda Civil de Milladoiro, desde a área de Investigación iniciáronse xestións para a localización e recuperación do vehículo subtraído así como para a detención do presunto autor/es do feito. Dando como resultado a localización da motocicleta no lugar de Cances, na zona coñecida como O Cruceiro, sen presentar dano de ningunha clase. Continuando coas xestións para a localización e detención dos presuntos autores, este luns procédese á detención de dous mozos da localidade pola súa presunta participación nos feitos. Non descartándose próximas detencións.