Detidos dous mozos tras perpetrar un roubo en Caión


A Garda Civil detivo este xoves pola mañá a dous mozos de Carballo como presuntos autores dun roubo nun estanco de Caión, A Laracha. Unha zona pouco propicia para actividades delituosas, dado que por terra a entrada e saída ao pobo é a mesma. En todo caso algúns veciños afirman que polo menos unha persoa máis ao verse acurralada tirouse á auga. Segundo fontes policiais estes presuntos delincuentes poderían ter no seu poder un “chipeador” de centralitas para manipular a electrónica dos vehículos Seat León. Chegouse a esta conclusión dado que son os turismos máis roubados últimamente e utilizados habitualmente as últimas semanas en diferentes actos delituosos por toda a Costa da Morte e arredores. Ao operativo de detención destes mozos así como ao intento de localizar polo menos a outros dous que lles acompañaban, uníronse varias patrullas da Garda Civil, así como Cuco, o helicóptero operativo do instituto armado. Investigan agora se os detidos puidesen estar relacionados cun amplo abanico de actividades delituosas detectadas na zona nos últimos días.