Un Equipo de resposta en materia de Ciberdelincuencia, da Comandancia da Garda Civil da Coruña, detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito de furto na fase de explotación da operación Yuribal. A mencionada operación iniciouse por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil de Arteixo, comunicando extraviar a súa tarxeta bancaria, detectando posteriormente un reintegro, non realizado por el, na súa conta bancaria por un importe de 500 euros.
No transcurso da mesma a Garda Civil pescudou que esta persoa extraviara a súa tarxeta bancaria no caixeiro da localidade en que realizara unha transacción, quedando está operativa, aproveitando os dous detidos esta circunstancia para realizar un reintegro en efectivo por un importe de 500 euros, cantidade que completaba o máximo autorizado para o reintegro diario. Froito do traballo de campo de campo realizado, os compoñentes do Equipo @Coruña da Garda Civil lograron a identificación plena dos presuntos responsables do ilícito e procederon á detención destas dúas persoas como presuntos autores dun delito de furto.