Detidos dous veciños de Arteixo pola súa presunta relación cunha estafa de máis de 1 M€

Imaxe de axentes da Garda Civil_Dereitos de autor: Garda Civil

A Garda Civil de Arteixo detivo a dúas persoas como presuntos autores dun delito de estafa outro de usurpación de estado civil e un terceiro de falsificación de documento Mercantil. Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta polo afectado ante a Policía Autónomica do País Vasco en Bilbao. Nela comunicaba detectar a falsificación da súa firma en varios certificados. Os detidos aproveitando un contrato Factoring que posuían cunha entidade bancaria en obras de construción para aeroportos, falsificaban facturas e firmas nos certificados de obra, chegando a emitir 7 facturas por un valor de 1.021.455€.

A Garda Civil en colaboración coa Ertzaina iniciou unha investigación, tras a análise minuciosa da información solicitada, os compoñentes do Posto Principal de Arteixo lograron a identificación dos supostos autores. A Garda Civil procedeu á detención destas persoas como presuntos autores dos tres delitos reseñados, poñéndoas xunto coas actuacións ao dispor do Xulgado de Garda da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha