Detidos dous veciños de Brión como supostos autores de 24 delitos de roubo

2 minutes read

A Garda Civil de Brión, en colaboración coa Policía Local da localidade, o Equipo Roca da Compañía de Santiago de Compostela e a Área de Investigación do Posto Principal de Milladoiro-Ames, detivo a dous veciños da localidade e investigou a un terceiro, como supostos autores de 24 delitos de roubo na fase de explotación da operación “Thespecilone”.
A mencionada operación, enmarcada no Plan de Mellora da Seguridade no Comercio e o Plan Nacional contra o Roubo de Cobre, iniciouse a raíz da sucesión roubos cometidos en diversas obras das localidades de Brión e Ames o pasado mes de xaneiro, continuando nos meses posteriores nas mesma localidades así como en de Santiago de Compostela e Padrón, tendo como obxectivo ademais das obras, distintos talleres mecánicos e outros negocios, creando unha gran alarma social no sector.
No transcurso da mesma os efectivos actuantes lograron a identificación plena dos presuntos autores así como o modus operandi dos mesmos, os cuales realizaban os ilícitos de madrugada, adoptando numerosas medidas de vixilancia e seguridade para evitar ser detectados. Como froito do traballo de campo realizado, solicitaron numerosas evidencias que relacionaban a estas persoas cos ilícitos, explotando a operación tras cometer un roubo con forza na localidade de Teo.
Na fase de explotación procedeuse á detención destas dúas persoas, coñecidos das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole e á investigación dunha muller, a cual era a que realizaba a venda do material subtraído, así como ao rexistro dos domicilios, achando ademais dos efectos subtraídos no último roubo, cuxo valor ascendía a 3.000 euros, diversos obxectos pertencentes a ilícitos anteriores.
Con estas detencións esclarecéronse 24 delitos de roubo con forza, continuando a operación aberta para o posible esclarecemento doutros delitos de roubo.
Os detidos, xunto coas actuacións realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Negreira, decretando a Autoridade Xudicial o ingreso en prisión dun deles.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?