Detidos en Barcelona varios membros dos CDR por presuntamente planear actos violentos

Tratouse dun operativo realizado contra as sete da mañá deste luns en Barcelona contra inependentistas radicais cataláns que planeaban accións violentas contra edificios oficiais en Cataluña, segundo informaron fontes policiais.

Na operación, coordinada pola Audiencia Nacional, están a participar grupos antiterroristas da Garda Civil e o obxectivo e deter aos líderes dos grupos máis radicais dos CDR.

Ao parecer os detidos estaban preparándose para responder de forma violenta ante o aniversario do referendo ilegal do 1 de outubro e a sentenza do xuízo do procés, que está prevista que se emita nas próximas semanas. Os sospeitosos xa compraran material para a fabricación de explosivos e xa terían montadas bombas de fabricación caseira.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha