43
Axentes da Policía Local de Ferrol detiveron a tres mozos, dous deles menores e outro de 18 anos, todos con antecedentes, como supostos autores dunha agresión a outro home, de 22 anos, que se atopa en estado grave ingresado no complexo hospitalario universitario da Coruña.
A agresión produciuse sobre as 06:15 horas deste domingo no apeadoiro de FEVE, no barrio ferrolán de San Xoán, á saída dunha discoteca.
O agredido foi abordado polos seus agresores, que lle propinaron golpes por todo o corpo, ademais de asestarlle varias coiteladas por detrás, entre 10 e 15, para poder desta forma roubarlle as súas pertenzas, como o teléfono móbil e a carteira.