Detidos tres veciños de Carballo polo roubo nunha vivenda de Esmorode, en Santa Comba


A Garda Civil do Posto de Negreira en colaboración co Posto de Serra de Outes, procederon á investigación de tres persoas de Carballo por un suposto delito de roubo con forza nas cousas.
Os feitos ocorreron cando a patrulla do Posto de Negreira realizaba labores de prevención pola vía AC-400, observaron un vehículo nas inmediacións dunha vivenda deshabitada en Esmorode, Santa Comba, localizando infraganti a tres homes que estaban a subtraer diverso material metálico do interior da vivenda.
Por estes feitos a Garda Civil procedeu á súa identificación e posterior investigación aprehendéndolle o material que subtraeran tras forzar a porta, así como diversas ferramentas empregadas para cometer o ilícito. Os investigados xa contaban con antecedentes policiais de diversa índole.