«Deume un arrebato», alega o acusado de matar a súa muller en Cabana de Bergantiños

A Audiencia Provincial de A Coruña acolle o xuízo, que se prolongará durante os próximos días, polo crime que tivo lugar o 19 de agosto de 2018 no municipio de Cabana de Bergantiños.

O acusado, Julián G.P. de 56 anos, está en prisión preventiva, desde entón, por presuntamente dispararlle tres tiros á súa muller, Ana Belén Varela, de 50 anos, na casa familiar de Cabana de Bergantiños, cun revólver que trouxera de Suíza. Este luns, na primeira sesión do xuízo, declarou que estaba bébedo no momento do crime e que discutiu coa muller porque ela quería divorciarse para ir vivir coa súa nova parella.

Julián dixo que, «Pois eu deume un arrebato e fun pola pistola e estaba alí no medio da cociña e pegueille un tiro».

O fiscal asegura que o acusado era totalmente consciente do que facía porque antes de matala, envioulle unha mensaxe ao irmán da vítima onde lle dicía que ese era o día, e lle pedía que coidara dos fillos. A defensa di que esa mensaxe foi posterior ao crime, que cualifica de homicidio e pide que se lle aplique a atenuante de embriaguez. A familia da vítima denuncia malos tratos psíquicos constantes.

Manuel Ferreiro, avogado da acusación particular «Simplemente o que pasou foi que fixo con ela o que quixo toda a vida e o día que ela dixo que marchaba da casa pois decidiu matala»

As acusacións piden 25 anos de prisión polo asasinato con agravante de xénero, e tres máis por posesión ilegal de armas cortas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha