Devolven ao mar un golfiño varado na praia do Riás, en Malpica

0 minutes read

Membros de Protección Civil de Malpica, do CEMMA e Tono, de Buceo Malpica, devolveron este xoves ao mar un golfiño que quedara varado na praia do Riás. Dende a concellería que dirixe Miguel Ángel Fernández Mirás, queren agradecer o aviso dos usuarios da praia do Riás do varamento do cetáceo que quedara atrapado nunha poza de auga da que non podía saír, así como a todas as persoas que participaron no seu rescate.