‘Devota y Lomba’, primeira gran confirmación para a Mostra de Encaixe de Camariñas

1 minutes read
  • A firma participará no desfile de ‘Grandes deseñadores’

O primeiro nome da lista de confirmacións da alta costura de cara á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña supón o regreso de ‘Devota y Lomba’, a firma de Modesto Lomba, ao desfile de ‘Grandes deseñadores’.

O deseñador non puido participar na pasarela nas dúas últimas edicións do evento, aínda que si o fixo como xurado do concurso de ‘Noveis deseñadores’ do ano 2019. «Es un regreso natural», explicou Lomba, destacando que para a firma a vinculación coa artesanía é «esencial para nuestro proceso de trabajo creativo y el encaje aporta la sutileza y finura del trabajo de las artesanas, enriquece el resultado final de un vestido u otra pieza téxtil».

O recoñecido deseñador non quixo desvelar que traerá este ano á Mostra pero asegurou que non faltará a máscara ao ser «una pieza más» e, por suposto, anima á xente a acudir ao evento para desfrutar «de una colección fresca y preparada para el verano».