Dez deportistas da A.D. Fogar acoden ao Nacional de Dúatlon de Alcobendas

1 minutes read

Esta fin de semana dez triatletas da A.D. Fogar tomarán parte na contorna do Parque de Andalucía de Alcobendas, no Campionato de España de Dúatlon e o Campionato de España de Dúatlon por Substitucións Mixtas da Liga Talento de Tríatlon, na que os de Carballo e Oleiros militan neste 2023 na Primeira División Nacional masculina. O Campionato de España de Dúatlon individual celebrarase o sábado día 1 de abril e tomarán parte con seis cadetes (2 mozas e 4 mozos), catro xuvenís masculinos e un júnior tamén masculino; mentres que o domingo 2 terá lugar o Campionato de España de Dúatlon por Substitucións Mixtas, primeira das xornadas da Liga Talento na que competirán cun equipo composto por catro deportistas da A.D Fogar (2 mozos e 2 mozas). En total, máis de 1.700 duatletas nun intenso programa de carreiras con eliminatorias e fináis o sábado e un peche de substitucións mixtas cuns 40 equipos o domingo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?