Dez detidos en O Vao pola agresión a dous policías

0 minutes read

A Garda Civil arrestou dez persoas do poboado do Vao que o pasado luns atacaron varios axentes da Policía Local, cando un deles identificou un veciño que se estaba saltando o confinamento. Os detidos pasaron a disposición xudicial acusados de atentado, resistencia á autoridade e danos materiais en dous coches. O Vao, coñecido en Pontevedra como o supermercado da droga, rexistra habitualmente un importante movemento de xente. Durante toda a semana, Garda Civil e Policía Local fixeron controis permanentes en todas as saídas e entradas ao poboado para controlar os movementos dos residentes.