Dez menores atendidos tras caer a plataforma dunha atracción en Narón

0 minutes read

Na atracción ían quince nenos de entre seis e once anos cando os eixes que suxeitan a estrutura romperon e a plataforma móbil caeu con violencia. Os cativos foron avaliados no hospital de campaña e alí mesmo comprobouse que ningún sufrira feridas ou lesións de importancia. Aínda así, dez nenos foron trasladados a dous hospitais por decisión das familias para unha exploración máis completa. Finalmente todos os menores foron dados de alta e todo quedou nun gran susto. A atracción Jamaica quedou precintada, foi desmontada e retirada. É relativamente nova: aínda non ten os dous anos.