Dez mil aspirantes para ocupar 169 prazas en Correos

1 minutes read

Case dez mil persoas, de todo o Estado, opositarán este domingo para conseguir unha das 169 prazas que oferta Correos en Galicia. É, segundo o servizo, a maior aposta pola estabilización do emprego da última década. A maior parte das prazas son para cubrir as vacantes de carteiros, tanto urbanos como rurais. As probas de ingreso comezan ás 9 da mañá en Silleda. Correos indica que esta convocatoria aposta pola creación de emprego estable e garante que máis de 3.500 empregados colaborarán o domingo para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo. Lembra que para os postos de repartición, axente e clasificación o chamamento á proba realizarase ás 09.00 e para os postos de atención ao cliente en oficinas farase ás 13.30.