Dez mineiros desaparecidos tras un novo accidente en Polonia


O esborralle da galería produciuse na mina de carbón de _ Zofiówka, _en Silesia, só uns días despois dun accidente similar que deixou cinco mortos. A operación de rescate seguía en marcha na tarde do sábado. Os equipos de salvamento tiñan que percorrer aínda máis de 300 metros para chegar ata o lugar onde se atopan os mineiros. A dirección da mina sinalou que no momento do tremor atopábanse na zona de perigo, a 900 metros de profundidade, 52 mineiros, 42 dos cales puideron saír ao exterior ilesos e polo seu propio pé. Agregou que a procura dos dez mineiros atrapados é complicada debido ao escape dunha gran cantidade de metano, o que supón un perigo para os equipos de rescate.