Dez persoas feridas nunha colisión entre unha furgoneta e un turismo en Porto do Son

1 minutes read

Un total de dez persoas resultaron feridas de diversa consideración, unha delas foi excarcerada polos bombeiros, ao colidir unha furgoneta e un coche, en Porto do Son.

O suceso ocorreu na estrada que une as localidades de Porto do Son e de Portosín, á altura da Praia da Aguieira. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada de varias persoas particulares que alertaban do sinistro.

Axiña, os xestores do 112 informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata a zona un helicóptero medicalizado para atender ás persoas feridas e no que, finalmente, unha delas tivo que ser evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, tras ser excarcerada polos Bombeiros de Boiro e de Ribeira. Así mesmo, o persoal do CIAE-112 Galicia solicitou a colaboración dos membros do GES de Noia, dos axentes de Tráfico e da Policía e Protección Civil da localidade. Cómpre sinalar que tamén puxeron a situación en coñecemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) por se fose necesaria a súa colaboración.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os servizos de emerxencia confirmaron a evacuación de dez persoas, os sete ocupantes da furgoneta e os tres do turismo, por parte dos profesionais sanitarios.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?