Dezaseis grandes eventos deportivos contarán co apoio da Deputación

As achegas provinciais, incluídas nunha das múltiples liñas de subvencións ao deporte que impulsa cada ano a Deputación, acaban de publicarse no BOP e teñen como obxectivo «apoiar a celebración de grandes eventos deportivos, que reúnen a deportistas de gran nivel e que, ademais de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a imaxe da nosa provincia a nivel nacional e internacional «, segundo destacou o deputada responsable da área de Deportes da institución provincial, Cristina Capelán.

Entre as axudas concedidas na convocatoria inclúense probas deportivas de renome coma o Pantín Classic (proba internacional da Wold Surf League) e o campionato de España de Surf celebrado na Frouxeira (Valdoviño), os Rallyes da Coruña, Ferrol e Terra da Auga (Arzúa), a Volta Ciclista á Provincia da Coruña ou o campionato do mundo de Enduro Indoor, ata outras de ámbito máis local, pero que contan cun importante nivel de participación.

Baloncesto, balonmán, surf, ciclismo e rallyes son algunhas das actividades deportivas que a Deputación financia a través desta convocatoria, na que tamén se promocionan eventos deportivos de carácter máis minoritario.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha