Dezasete alcaldesas españolas asinan na Coruña a Declaración de María Pita | Compromiso pola igualdade

I Encontro de Alcaldesas celebrado na Coruña_Cedida

A Declaración de María Pita é un primeiro documento que pretende amosar o compromiso das mulleres á fronte das corporacións locais cos obxectivos da axenda feminista. Especialmente, o compromiso coa promoción da igualdade dende o eido local e a visibilización das mulleres na vida pública, fomentando a súa representatividade como referentes para mulleres e nenas.

O acto foi a primeira parada do I Encontro de Alcaldesas, “El poder de hacer las cosas bien”; promovido dende o Concello da Coruña co obxectivo de debater e reflexionar sobre o papel das mulleres nas institucións. Ademais da lectura da Declaración de María Pita, o Concello da Coruña organiza unha xornada de debate que se levou a cabo en PALEXCO, na que participaron rexedoras de toda España así como outras mulleres referentes en distintos ámbitos da política. 

Entre elas atópase a ministra de Política Territorial e Voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, que participou nun diálogo coa primeira concelleira da Coruña, Inés Rey.