Dezasete nenos e nenas de Ponteceso expuxeron o seu talento para a escena

1 minutes read

Dezasete nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro de Ponteceso expuxeron o seu talento para a escena, ao interpretar a obra ‘O libro da viaxe de Nadal’, perante aos seus familiares e amigos.

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, felicitou aos rapaces e rapazas polo excelente traballo que veñen desenvolvendo dende o mes de outubro e destaca así mesmo o esforzo, a adicación e o agarimo que demostra en cada clase o profesor da escola, Yago Espasandín.

Tratábase dunha obra propia na que os actores e as actrices, de entre cinco e nove anos de idade, foron representando diferentes pequenas historias en torno ás datas do Nadal. A actuación resultou finalmente un éxito rotundo e o público aplaudiu emocionado polo talento amosado polos rapaces.

Trala función teatral, na que os novos actores puxeron en práctica xogos e exercicios teatrais que viñeran ensaiando ao longo do trimestre, tanto os intérpretes como os asistentes degustaron un delicioso chocolate. Foi un bo fin de festa para celebrar o Nadal.