Os socialistas galegos reuníronse este 25 de xullo en Rianxo, cunha ofrenda floral na estatua de Castelao. Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, afirmou que hai que ampliar o autogoberno e pra iso, compre iniciar unha reforma do noso Estatuto de Autonomía. Foi a idea central nesta xornada festiva en Rianxo, na que o secretario xeral dos socialistas galegos volveu subliñar o apelido de galeguista para a súa formación.Foi a primeira cita en Rianxo de Formoso no seu cargo de secretario xeral dos socialistas galegos. Tamén estivo presente o anterior, Gonzalo Caballero, ademáis da alcaldesa de Lugo, o presidente da Deputación desa provincia e numerosos cargos locais do partido.