Día de sinistros este luns en Dumbría e Cee

1 minutes read

Pasadas as dúas e media da tarde tivo lugar un accidente de tráfico cunha persoa ferida na AC-552 ao seu paso polo Concello de Dumbría, tras a colisión dun turismo cun camión. A pesares da aparatosidade do sinistro, a vítima afortunadamente non quedou atrapada, pero tivo que ser trasladada poersoal do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia. Os bombeiros de Cee protexeron a zona, prestaron axudaba ás vítimas e realizaron a limpieza da estrada.

Incendio dun turismo en Cee

Os Bombeiros de Cee tamén foron requeridos á última hora da tarde deste luns por mor dun vehículo ardendo na Rúa da Calzada, en Cee. Afortunadamente, como na anterior ocasión, ao estar o parque aberto tan só tardaron uns 5 minutos en chegar o lugar do sinistro, sofocando o lume do propio vehículo e evitando que este, se chegase a coller virulencia, se extendera a outros vehículos ou edificacións próximas.