Dia enfróntase a unha crise reputacional, o seu dono, Mijaíl Fridman, na lista de oligarcas rusos

1 minutes read

Unha das compañías que pode verse máis afectada pola invasión de Rusia é a cadea de supermercados DIA, cuxo dono, o magnate ruso Mijaíl Fridman, está no punto de mira de Europa. O empresario foi incluído na ‘lista negra’ que publicaba a UE hai uns días sobre os oligarcas sancionados. Fridman, que anteriormente se pronunciou en contra da guerra con Ucraína, é unha persoa vinculada ao goberno de Vladimir Putin, e que sempre evitou criticar directamente á administración rusa. Pouco despois de que Bruxelas comunicase as sancións, Mijaíl Fridman e o seu socio, Petr Aven, dimitían dos seus cargos como conselleiros de LetterOne, grupo dono de Dia.