Día histórico para a comarca de Ferrolterra

1 minutes read

O presidente do Goberno, Perdo Sánchez, viaxou a Ferrol coa vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, e a ministra de Facenda, María Jesús Montero. Tras asistir a unha presentación do traballo de Navantia, reuníronse cos representantes sindicais. Despois Pedro Sánchez, canda o resto de autoridades, accionaron simbolicamente o corte de chapa da primeira fragata F-110 das cinco que vai construír o estaleiro ferrolán para a Armada española. O contrato, de 4.320 millóns de euros, terá un prazo de execución de 10 anos, e dará traballo a unhas 9.000 persoas. O macropedido abre unha etapa de modernización no sector naval. As novas fragatas terán máis capacidade de defensa ante ameazas aéreas, de superficie e submarinas, incorporando unha réplica virtual que recibe datos en tempo real do buque. A primeira F-110 entregarase á Armada a principios de 2027.