Nestes duros tempos que estamos a vivir, onde contamos o paso dos días coa impaciencia dun neno de Primaria, esperando que pasen pronto para volver a unha “normalidade”, o menos anormal posible, poderiamos pensar: de onde veñen estes nomes tan peculiares?, cal é a orixe destas palabras?.
Pois ben, os nomes dos días da semana en lingua española, veñen do latín. Do mesmo xeito que en galego, aínda que con algunhas variantes propias da etimoloxía da nosa comunidade autónoma. Concretamente dos astros do sistema solar, que formaban parte do Panteón dos deuses romanos. Coa condición da fin de semana, onde tanto sábado como domingo, son obxecto de intervención directa por parte da relixión cristiá.
O primeiro día da semana, o noso luns, procede do dies lunae latino. Este debería ser lune, sen “ s”, pero a xente dáballe a mesma terminación que a outros días, dicindo lunis, como dies martis, jovis ou veneris. Perdéndose o dies e transformándose no actual luns.
Sinalar que, outras linguas tamén de orixe latina como o francés, se se conserva o dies, evolucionando á palabra lundi, onde dei significa día.
En canto ao martes, a orixe está no dies martis, día de Marte. Consagrado ao Deus da guerra. Tamén se perdeu a palabra dies. En francés temos mardi, conservando o dei de día novamente, do mesmo xeito que no resto dos días da semana: mercredi, jeudi, vendredi, samedi coa excepción do domingo: dimanche.
Chégalle a quenda ao mércores, día de Mercurio. Deus do comercio, da elocuencia, dos ladróns, así como protector de viaxeiros, entre outros mesteres. Ademais de exercer tamén como emisario dos deuses e acompañante dos mortos ao máis aló.
Debía de ser miércole, sen a “s” final, debido a que na lingua culta dicíase Mercuri dies, pero pasoulle algo parecido ao do luns. A xente dicía martes, jovis, e aquí tamén se acabou engadíndolle unha “ s” ao final.
Chegamos á metade da semana co xoves. Vén de dies iovis, tamén se di jovis, o día de Jupiter. Era o principal deus da mitoloxía romana: pai de deuses e de homes. Acabou consolidándose como o actual xoves.
Hoxe en día goza de gran fama o venres, día que antecede ao fin de semana e no que xa se intúe o descanso e o lecer. Procede de dies veneris. Deusa do amor e cunha evolución curiosa na súa palabra. Veneris era esdrújula e a súa segunda “e” era moi débil. A xente comíalla “”, apenas a pronunciaban quedando nunha especie de venris. Pero en castelán antigo custaba pronuciar unha “e” e un “r” seguidas, así que voltearon as dúas consonantes para deixar vernes. Ademais, diptongaba na primeira e, pois recibía o acento na pronuncia así que derivou en “ie”, ata quedar o venres actual.
Era o día do amor, ata que o cristianismo tomou as rendas e impuxo o xaxún, pois ese día, tivera lugar a morte de Cristo.
Con todo, o verdadeiro cambio radical produciuse nos dous últimos días, o que actualmente consideramos fin de semana. No calendario romano o sábado era o día de Saturno e o domingo, o día do Sol. Podemos ver aínda esta tradición conservada no idioma inglés con Saturday e Sunday. Correspóndese con traducións literais.
En castelán nomeouse o sábado polo Sabbat xudeu, palabra que significa descanso, pero sexamos cautelosos. Dita palabra non vén directamente do hebreo xa que os gregos convertérona en sábbaton e, posteriormente os romanos copiárona para finalizar en sábado.
Finalmente atendemos ao domingo, palabra cuxo orixe está no Dominicus die, día do señor. A tradición cristiá chega ao seu máximo esplendor celebrando o día da resurrección de Cristo e substituíndoo polo sol. Ao mesmo tempo, tamén se establece como día de descanso e celebración relixiosa. Tendo unha importancia superlativa dentro da tradición cristiá da nosa sociedade.
Temos por tanto un esbozo do porqué dos nomes dunhas palabras que utilizamos a diario, con profusión e constancia, e que talvez, nunca caeramos na conta dos porqués das mesmas.
ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO