Días de despedidas e benvidas na Policía Local de Carballo

Víctor Nieto Martínez, á dereita da imaxe. Xunto a el, o alcalde de Carballo, Daniel Pérez e o seu pai, o tamén policía, Víctor Nieto. CC.

Víctor Nieto Martínez tomou posesión como novo policía local de Carballo, continuando así unha tradición familiar de servizo público. É fillo do tamén policía Víctor Nieto Cerdán e neto de Justo Martínez, antigo traballador do Concello de Carballo.

Víctor é policía local desde o ano pasado e, desde outubro, estaba exercendo como axente en Santiago. O seu traslado a Carballo foi posible grazas á permuta con Eduardo Castro Pardo, quen desempeñaba o seu labor como policía en Carballo desde comezos de 2024.

Desde o Concello agradécenlle a Eduardo Castro Pardo os servizos prestados e deséxanlle o mellor nesta nova etapa.

Con esta permuta, ambos os dous axentes achéganse aos seus fogares, algo que sempre é unha boa nova tanto a nivel profesional como persoal.

Related posts

Carballo renovará o seu alumeado público, aforrará 84.000 euros anuais e protexerá o ceo nocturno

O CCA Carballo impulsa a II edición de BioSaúde con 15 expositores e talleres, faladoiros e degustacións

O hospital de día oncohematolóxico de Cee funciona xa con consultas e tratamentos