Días grandes da Semana Santa de Fisterra

Este venres 12 de abril, comezou a Semana Santa de Fisterra coa procesión da nosa Señora das Dolores.

Ás 20:00 h. na igrexa parroquial tivo lugar a misa solemne cantada polo coro «Nosa Sra. das Areas». A continuación a procesión que percorreu as rúas de Fisterra, acompañada pola «Banda Municipal de Cee».

O sábado, 13 de abril, hai unha peregrinación dende a Igrexa de Cee ata a igrexa parroquial de Santa María das Areas de Fisterra.

Os actos están‬ organizados pola Xunta de Confrarías da Semana Santa coa colaboración do ‪Concello de Fisterra.

Vive a Semana Santa en Fisterra!!

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha