Díaz Ayuso dimite e convoca eleccións anticipadas en Madrid para o 4 de maio

1 minutes read
  • Unha hipotética moción entre Ciudadanos e PSOE en Madrid, como aconteceu oficialmente en Murcia, foi a causa desta decisión

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, dimitiu este mércores e convocou eleccións anticipadas en Madrid para o día 4 de maio. “Me he visto obligada por el bien de Madrid y de España y contra mi voluntad repetida de agotar la legislatura”, sinalou a ata o de agora presidenta da rexión nunha rolda de prensa.

Esta decisión chega despois da moción de censura presentada por Ciudadanos e o PSOE contra o PP en Murcia, onde a formación laranxa e os populares tamén gobernan en coalición do mesmo xeito que na Comunidade de Madrid, e ante o hipotético caso de que ambos os partidos presenten outra moción contra o PP nesta última rexión.

Ayuso asegura que puxo o seu cargo ao dispor dos madrileños e que actuou con rapidez porque non pode permitirse «que Madrid se pare ahora». Tras as súas declaracións tamén cesou ao seu vicepresidente, Ignacio Aguado, xunto ao resto dos conselleiros de Ciudadanos.